Actividade 72: A información xenética (cuarta parte)
Cuarta parte: OS XENES.
1- Con respecto ao cariotipo, cal é o sexo desa persoa? Por que?
É de sexo masculino porque ten un cromosoma Y no par sexual.
2- Observas algunha alteración no cariotipo? Busca en internet unha enfermidade relacionada cos cromosomas.
Non se observa ningunha alteración. O síndrome de Klinefelter, que dase cando no par sexual do individuo ten un cromosoma X de máis.
3- Xa sabes que nas nosas células temos 46 cromosomas. Hai algunha célula que non o cumpre? Razoa a resposta.
Sí, nos gametos, xa que cada un ten 23 cromosomas para que cando se xunten para formar un novo individuo este teña 46, a metade da nai e a outra metade do pai.
4- Cal é a diferencia entre xen e alelo?.
O xen é un fragmento de ADN que almacena información xenética e o alelo é cada un dos caracteres nos que pode manifestarse o xen .
5- Busca información sobre o Proxecto Xenoma Humano. Indica as súas características.
O proxecto Xenoma Humano é un proxecto científico internacional que pretende chegar a descifrar toda a información ou receitas que temos en cada un dos nosos cromosomas e interpretar o seu significado, regulación e funcionamento en condicións normais e patolóxicas, para así posteriormente utilizar todos estes coñecementos en beneficio da humanidade, para podelas reparar no caso de que estean taradas ou se estropeen no transcurso das nosas vidas.
As características son:
1. Noso xenoma ten uns 25.000 xenes
2. O tamaño do noso xenoma é de 2.900 millóns de pares de bases.
3. Moitos dos xenes que temos parecen proceder en gran parte de microorganismos primitivos, como virus e bacterias.
4. Os seres humanos somos xenéticamente moi semellantes. O 99,99% dos datos xenéticos son comúns para todas as persoas.
5. Numerosos xenes están implicados na síntese de moitas proteínas, non de unha soa.
6. Os xenes que codifican proteínas son poucos, aproximadamente o 2%
7. O número de proteinas que sintetiza un individuo supera con creces o número de xenes que posee.
8. Todo o que sucede no noso corpo depende en gran medidas dos xenes.
9. A secuencia de ADN que conforma o xenoma humano conten codificada a información necesaria para a expresión das proteínas de ser humano.
6- Que é unha mutación? Cal soe ser a súa consecuencia?
Unha mutación é unha variación na secuencia do ADN, este cambio pode ser neutro, prexudicial ou beneficioso para o individuo que a padeza.
Comentarios
Publicar un comentario