Actividade 40: As formas acelulares
Os virus son estruturas fndamentalmente proteicas, queconteñen no seu interior un ácido nucleico, e que non poden reproducirse por si mesmos fóra dunha célula.
Contan con só un tipo de ácido nucleico, e unha cuberta de protección, chamada cápsida, constituída na súa maior parte por proteínas.
Non teñen metabolismo propio.
Os prións son proteínas que causan certas enfermidades neurodexenerativas, como, por exemplo, a enfermidade das vacas tolas, que se pode transmitir ao ser humano se este consome reses enfermas.
Os viroides, ao igual que os virus, son parasitos, é dicir, dependen da célula que infectan para a súa replicación.
Os viroides son peuqenas moléculas de ARN circular, que producen enfermidades nalgunhas plantas. Un exemplo de viroide é o da mancha solar.
En resumen, non os podemos consideralos seres vivos, porque non realizan ningunha das tres funcións vitais: a reprodución, a relación e a nutrición.
Comentarios
Publicar un comentario