Actividade 69: A información xenética (primeira parte)
Primeira parte: REPRODUCIÓN ASEXUAL E SEXUAL.
1- Que quere dicir que “as funcións que realizan as células, son a causa das funcións que teñen os seres vivos”
Que os seres vivos realizan as funcións necesarias para cumprir as necesidades das células para que estas podan realizar o seu metabolismo.
2- Compara a reprodución asexual e a sexual contestando en cada caso:
a. Cantos proxenitores se necesitan en cada caso?
Na reprodución asexual só se necesita un proxenitor e na reprodución sexual se necesitan dous proxenitores.
b. Como son as células da descendencia, iguais ou distintas entre si?
Na reprodución asexual as células son idénticas entre si, na sexual son distintas.
c. Na especie humana como chamamos as células sexuais en machos e en femias?
Nos machos espermatozoide e nas femias ovulo.
3 – Define mitose. Cando se utiliza?
Na mitose unha célula nai divídese en dúas células fillas xeneticamente idénticas entre si. Este proceso realizase en catro fases: profase , metafase, anafase e telofase.
Empregase para reproducirse nos seres unicelulares e nos pluricelulares empregase para rexenerar células, para medrar, engordar...
4 – Define meiose. Cando se utiliza?
Na meiose unha célula diploide da lugar a catro células haploides. Este proceso realizase en oito fases: profase, metafase, anafase, telofase, profase II, metafase II, anafase II e telofase II.
Empregase na reprodución sexual.
Comentarios
Publicar un comentario